Blog
Artigos sobre contrasinais, seguridade e por que case todo o que nos ensinaron era mentira.
Diceware: como uns dados fan mellor contrasinal ca ti
Pídelle a alguén unha palabra ao azar e non che dará unha palabra ao azar: daráche unha palabra súa. Arnold Reinhold arranxouno en 1995 con cinco dados e unha lista de 7.776 palabras. A graza do invento é que os dados non teñen gustos, nin memoria, nin o día que levas.
Que son os bits de entropía, e por que non che damos unha porcentaxe
Un 92 % de fortaleza non quere dicir nada: non hai 100 ao que chegar. Os bits si queren dicir algo moi concreto, e sempre o mesmo. Cada bit que engades dobra o traballo de quen intenta adiviñarte, así que 40 bits non é o dobre de bo ca 20 — é un millón de veces máis.